RT Book,_Whole T1 Fundación de sociedades A1 Vivel Búa, Milagros AB O empresariado é o protagonista da actividade económica a través daorganización eficiente dos recursos escasos e os medios dispoñibles parasatisfacer as necesidades humanas. Baixo unha perspectiva legal, esteempresario pode desenvolver o seu negocio como persoa física,constituíndo un empresario individual, ou como persoa xurídica, creandopara iso unha sociedade.Esta unidade didáctica enmárcase na materia de ContabilidadeFinanceira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración eDirección de Empresas. Céntrase na análise da problemática contable doempresario que, como persoa xurídica, crea unha sociedade anónima,figura social moi estendida no tecido empresarial español. Isto é relevantedado que a creación dunha sociedade mercantil, como é a sociedadeanónima, supón a aparición dun ente xurídico con dereitos e obrigas propiase, polo tanto, diferentes a aqueles que posúen as persoas que a integran.En particular, a unidade analiza o proceso contable que supón a fundacióndunha sociedade anónima e as achegas que poden caracterizar o seucapital social, é dicir, en diñeiro e en cousa distinta a diñeiro. Ademais,exponse o tratamento contable aplicable aos accionistas que incorren enmora ao esixirlles o desembolso das súas achegas pendentes.Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido dacontabilidade de sociedades e son necesarios para a exposición dos temasposteriores da materia. Polo tanto, con este tipo de contabilidade aplicamosas normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operaciónsque realizan as sociedades mercantís, como é a anónima, tendo en conta omarco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para serdesenvolvida en 6 horas distribuídas en 2 horas de sesión expositiva e 4horas de sesión interactiva. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-885-1 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/34004 UL http://hdl.handle.net/10347/34004 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026