RT Dissertation/Thesis T1 H. D. Thoreau: unha aproximación transcendentalista á estética da Natureza nos arredores de Walden A1 Fumega González, Roberto K1 Thoreau K1 Natureza K1 estética K1 salvaxe K1 existencia AB A presente tese ten por obxectivo unha aproximación ao pensamento de Henry David Thoreau a partir dunha perspectiva apoiada na apreciación estética da Natureza. Thoreau é coñecido sobre todo polos seus escritos políticos e polo estudo da súa obra dende a disciplina filolóxica, así como por un crecente interese social cara a súa figura, en relación co pensamento ecoloxista. Porén, o noso enfoque artéllase dende o punto de vista da estética da Natureza, coa intención de relacionar o resto de aspectos do seu pensamento coa percepción e apreciación do que o autor de Concord consideraba a obra de arte máis grande. Do deleite pola natureza fenoménica, derivaremos o pensamento metafísico da Natureza, a relación coa mesma a través da poética e a construción dunha existencia acorde co núcleo salvaxe do natural. YR 2024 FD 2024 LK https://hdl.handle.net/10347/37671 UL https://hdl.handle.net/10347/37671 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026