RT Dissertation/Thesis T1 A mistica da feminidade en Mad Men A1 Cascudo Rodríguez, José Antonio K1 Televisión K1 Cultura K1 Feminismo K1 Friedan Weiner K1 Mad Men K1 Don Draper K1 Publicidade AB Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficcióntelevisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves dadenominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña amuller durante a década dos sesenta do pasado século, no contexto da cultura de masas, coa sociedade deconsumo, a publicidade e a televisión como algún dos seus trazos definitorios.Betty Draper, un dos personaxes principais de Mad Men, representa o paradigma da mística da feminidade, xa queamosa todos os síntomas propios das mulleres de clase media da súa época, consagradas aos laboresdomésticos a pesar de teren conquerido os seus dereitos políticos e civís con anterioridade á Segunda GuerraMundial. Do mesmo xeito abórdase o estigma que supón o concepto de muller de carreira, introducido en MadMen a través doutros personaxes como Peggy Olson ou Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis dedependencia dos convencionalismos sociais segundo as circunstancias particulares de cada muller.A masculinidade hexemónica, representada polo personaxe de Don Draper, colide cos anhelos dos personaxesfemininos de Mad Men na súa incesante procura dunha identidade de seu. A análise das pautas de condutadestes personaxes axuda a comprender os mecanismos sociais e culturais que frean o acceso da muller á esferalaboral, tal e como describiu cinco décadas antes Betty Friedan. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/26465 UL http://hdl.handle.net/10347/26465 LA glg DS Minerva RD 25 abr 2026