RT Generic T1 Scande caeli templa, virgo: a viaxe astral de Filoloxía na obra de Marciano Capela T2 Scande caeli templa, virgo: el viaje astral de Filología en la obra de Marciano Capela T2 Scande caeli templa, virgo: Philology’s astral journey in Martianus Capella’s work A1 Fraga Vilas, Iago K1 Ascenso K1 Apoteose K1 Lectica K1 Rito mistérico K1 Viaxe astral AB A viaxe astral é unha das múltiplas formas de viaxar presentes na literatura clásica, abranxendo as súas configuracións literarias case un milenio de evolución desde Parménides até o propio Marciano. A viaxe astral semella presentarse como un xeito de adquisición de coñecemento dispoñible só para certos personaxes. No elaborar a viaxe astral de Filoloxía, Marciano Capela interaxe con esa tradición para recrear, adaptar ou innovar. Este traballo ofrécese como un estudo da forma particular que a viaxe toma no De Nuptiis Philologiae et Mercurii, longamente usado como manual, e afonda nas súas relacións non só con outras viaxes astrais senón tamén con formas de viaxe relacionadas: a ascensión aos ceos en determinados relatos e mais a apoteose na súa configuración imperial. Para alén diso, tamén se pescuda sobre determinados elementos concretos da viaxe, como por exemplo o vehículo e o itinerario, ademais de afondar no esclarecemento dos hipotextos con que traballa o autor africano. YR 2024 FD 2024-05-06 LK https://hdl.handle.net/10347/40977 UL https://hdl.handle.net/10347/40977 LA glg NO Traballo de Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2023-2024 DS Minerva RD 3 may 2026