RT Journal Article T1 Os grupos poéticos galegos tras Letras de Cal: entre a resistencia e a anovación A1 Pena Presas, Montserrat K1 grupos poéticos K1 hetereoxeneidade K1 intervención social AB Tras o fenómeno Letras de Cal, de importantes repercusións simbólicas,no sistema literario galego parece existir unha tendencia ainvisibilizar e a cinguir baixo idénticas etiquetas os grupos poéticosposteriores. Mais esta aparente homoxeneidade, xurdida comoconsecuencia do relevo que algún destes colectivos acadou enmovementos políticos e sociais –é este o caso das Redes Escarlata–,funciona unicamente na tona da dinámica literaria. Por unhabanda, porque se detecta a existencia de dous tipos de grupos poéticos,os que se chamarán “grupos formalmente constituídos” e osque se denominarán “redes de afinidade entre creadores”. Poroutra, porque ao analizar a incidencia no campo dos primeiros(nos que se centrará o estudo), comprobarase como, abalandoentre as arestas da resistencia e a anovación, cadaquén procuraunha intervención de seu no sistema. Non obstante, a hetereoxeneidadena conformación dos diferentes colectivos, as diferentespoéticas dos seus membros e a súa acción no ámbito local-comarcalsemellan ser os trazos compartidos dun subcampo que, á vezque se mantén nun segundo plano, se atopa en constante transformación. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 0214-9117 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/7609 UL http://hdl.handle.net/10347/7609 LA glg NO PENA PRESAS, Montserrat: «Os grupos poéticos galegos tras Letras de Cal: entre a resistencia e a anovación», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 45, (1º Semestre 2011), pp. 65-77 DS Minerva RD 30 abr 2026