RT Dissertation/Thesis T1 Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar na década de 1940 A1 Jorge Pereira, Natalia K1 Raia K1 Miño K1 Comunidades K1 Resistencias K1 Comportamentos K1 Actitudes AB Ao longo do tempo, a Raia miñota ten sido vista polos foráneos con curiosidade. Dúas comunidades orientadas cara o río Miño separadas por unha liña imaxinaria que implica diferencias lexislativas que lonxe de ser un impedimento convertéronse na grande vantaxe dos seus habitantes. A presente investigación mergúllase na relación entre dúas poboacións instaladas no último treito do Miño, de como se adaptaron ao longo da primeira metade do século pasado, de que maneira fixeron fronte aos réximes autoritarios implantados nos 1930s e que sobreviviron no marco internacional da década de 1940. Tomiño e Cerveira son o laboratorio no que analizamos as relacións das comunidades rurais a nivel interno e externo, e no que ollamos polo miúdo aos seus habitantes co fin de entender até que punto unha e outra marxe camiñaron da man. YR 2024 FD 2024 LK https://hdl.handle.net/10347/37777 UL https://hdl.handle.net/10347/37777 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026