RT Dissertation/Thesis T1 As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 A1 Pintos Barral, Xoana A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Física Aplicada. Programa de Doutoramento Historia das Ciencias e das Técnicas, K1 Mulleres K1 Ciencias experimentais K1 Estudos de xénero K1 Universidade AB O obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecía o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistía en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento.Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo.O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrícula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos. Habería que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal.As alumnas procedían principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina.Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrícula entre 1942-1958.Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativas YR 2016 FD 2016-05-19 LK http://hdl.handle.net/10347/14763 UL http://hdl.handle.net/10347/14763 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026