RT Dissertation/Thesis T1 A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): políticas de innovación, mercados e sociedades labregas A1 Esperante Paramos, Bruno K1 Historia Rural K1 Cambio tecnolóxico K1 Tractores AB Esta tese analiza a moto-mecanización da agricultura familiar en Galiza entre 1939 e o ano 2000. lnvestíganse as políticas estatais de innovación, os mercados e as comunidades labregas en relación á introdución de tractores. Centrámonos tanto na evolución da Ditadura franquista dende os anos corenta, como no impacto dos créditos norteamericanos no cambio tecnolóxico. De igual xeito, definimos o paradigma da agricultura industrial na agricultura dos anos sesenta, no que se aplican agresivas políticas de cambio estrutural que continúan en democracia. Dende entón, introdúcense rapidamente tractores ao longo dos anos setenta e oitenta en Galiza. Porén, a velocidade deses cambios tecnolóxicos provocará desequilibrios nas comunidades labregas, e contribuirá ao colapso da agricultura familiar nos anos noventa do século XX. YR 2020 FD 2020 LK http://hdl.handle.net/10347/23181 UL http://hdl.handle.net/10347/23181 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026