RT Dissertation/Thesis T1 Luz Pozo Garza: obra non reunida e dispersa nas revistas culturais. Exhumación, recompilación e catalogación A1 Negreira Barcia, Cristina K1 Luz Pozo Garza K1 revista K1 ensaio K1 ilustración K1 Nordés e Clave Orión AB Luz Pozo Garza é unha artista galega coñecida, principalmente, polos seus textos poéticos. Ao longo de sete décadas de creación, a súa actividade cultural estendeuse alén da publicación de libros; tendo as súas producións unha gran presenza en múltiples revistas culturais. Na presente tese, procédese a exhumar, recompilar e catalogar a obra dispersa (e non reunida) da autora ribadense en revistas culturais. Trátase dunha obra multidisciplinar que irradia máis alá do xénero lírico, abranguendo ensaios, textos híbridos e mesmo ilustracións. Amais, a faceta pozogarciana nas revistas non só se circunscribe á creación, pois Luz Pozo Garza tamén dirixiu dúas cabeceiras culturais: Nordés e Clave Orión. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/30324 UL http://hdl.handle.net/10347/30324 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026