RT Dissertation/Thesis T1 O papel das oficinas de turismo na xestión do destino: Rede de Oficinas de Turismo de Galicia A1 Sánchez Vázquez, Núria K1 Turismo Galicia K1 Información turística K1 Oficina de turismo K1 Rede oficinas de turismo AB Esta investigación ten como obxectivo determinar un modelo de rede das oficinas de turismo a nivel autonómico, que coordine as oficinas pertencentes á Xunta de Galicia, aos concellos e a outras institucións públicas galegas, e que contribúa a mellorar a imaxe no destino Galicia.Co estudo das oficinas de turismo existentes en Galicia (Xunta, provinciais e municipais) detéctanse unha serie de problemas na xestión e na organización, así como un solapamento dos servizos de información turística nas cidades, para os cales se propoñen solucións de cara a poder integrarse nunha futura rede de oficinas de turismo de Galicia.Tamén se analiza profundamente cal sería o modelo de rede de oficinas de turismo axeitado para o destino Galicia. Baseándose no estudo das dez redes de oficinas existentes en España, no que destacan os casos de éxito da rede ITOURBASK (País Vasco) e a TOURIST INFO (Comunidade Valenciana), definimos o modelo de Galicia, a nivel organizativo e normativo, que poida ofrecer un mellor servizo de información e acollida aos turistas e peregrinos que visitan Galicia. YR 2016 FD 2016 LK http://hdl.handle.net/10347/15155 UL http://hdl.handle.net/10347/15155 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026