RT Book,_Section T1 Fóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galego A1 Villarmea Álvarez, Iván A2 Ledo Andión, Margarita K1 Estudos Fílmicos K1 Historia do Cinema K1 Cinema Galego K1 Fóra de Campo AB Os cinemas pequenos teñen tendencia a reducir a escala dos seus relatos: antepõem o cotián ao extraordinario, a anécdota á épica e o enxeño aos valores de produción. Por este motivo, moitos filmes galegos dos últimos anos utilizan o espazo que fica no fóra de campo para construír o seu discurso: pode ser un fóra de campo espacial, contiguo e momentáneo, que chame a atención do público nunha determinada dirección; ou un fóra de campo temporal, indeterminado e definitivo, que permita facer referencia a acontecementos e emocións do pasado que xa non se poden representar, sexa pola falta de rexistros ou polo seu carácter abstracto e traumático. A importancia deste espazo reflicte as limitacións materiais coas que aínda se traballa no cinema galego, mais tamén expresa o desexo de ampliar o campo do visíbel en todas as direccións, para abranguer todos aqueles espazos e tempos que, polas súas características, non caben dentro do cadro. PB Editorial Galaxia SN 9788491513353 YR 2019 FD 2019 LK https://hdl.handle.net/10347/46061 UL https://hdl.handle.net/10347/46061 LA glg NO Villarmea Álvarez, I. 2019. Fóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galego. En Ledo Andión, M. (coord.), Para unha historia do cinema en lingua galega. A foresta e as árbores (pp. 223 - 245). Editorial Galaxia. NO Este capítulo, derivado do proxecto de investigación posdoutoral 'As Paisaxes da Crise. Representacións da Gran Recesión no Cinema Español e Portugués (2008-2018)' financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está incluído no segundo volume da triloxía 'Para unha historia do cinema en lingua galega', publicado pola Editorial Galaxia, que ocupaba en 2018 a posición 97 do ranking xeral de editoriais españolas do SPI cunha valoración ICEE de 9 puntos. O volume, ademais, tivo unha reseña na publicación científica 'Eu-topías: revista de interculturalidad, comunicación y estudios europeos' (nº 17, 2019, pp. 151-153), asinada por Héctor Paz Otero, e outra reseña en 'Secuencias. Revista de historia del cine' (Nº 51, 2020, pp. 172-174), asinada por Isabel Sempere. NO Universidade de Santiago de Compostela (USC, Galiza) NO Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia DS Minerva RD 21 abr 2026