RT Book,_Whole T1 Transformación xenética de plantas A1 Torre Noya, Francisco Luís de la A1 Segura Iglesias, Antonio Luis K1 Enxeñaría xenética vexetal K1 Ingeniería genética vegetal K1 Agrobacterium tumefaciens K1 Agrobacterium rhizogenes K1 Biobalística K1 Transformación xenética de plantas K1 Transformación genética de plantas K1 Alteración xenética de plantas K1 Alteración genética de plantas K1 Microinxección K1 Microinyección K1 Electroporación K1 Arabidopsis thaliana K1 Fritillaria assyriaca K1 Biotecnoloxía Vexetal K1 Grao en Bioloxía AB A presente unidade didáctica forma parte da Biotecnoloxía Vexetal, que trata da modificación dos vexetais de cara ao seu aproveitamento. É unha materia ordinaria do grao (RD 1393/2007),que necesita un alto nivel de comprensión de materias anteriores, como Bioquímica I e II e Xenética I e II de segundo curso, as Fisioloxías Vexetais I e II de terceiro curso, e moi especialmente a Bioloxía Molecular, obrigatoria do primeiro semestre de cuarto curso.Durante séculos, dende o inicio da agricultura, a humanidade fixo un gran esforzo no desenvolvemento de métodos que permitiron mellorar a calidade e a produción dos cultivos, tales como a hibridación e os cruzamentos selectivos. Se noutras áreas falamos de interese, no caso da biotecnoloxía vexetal debemos falar de necesidade, pois o sustento fundamental da alimentación sempre foi, e probablemente continúe a ser, a produción dos cultivos de plantas de interese comercial. Segundo todas as estimacións, a poboación humana medrará de forma significativa nas próximas décadas, mentres que a produción de alimentos de orixe vexetal se atopa nunha situación na que non cabe esperar achegas de novo solo ou melloras na produtividade por métodos tradicionais. Nese contexto, a transformación xenética aparece como unha ferramenta que se desenvolve para conseguir a suficiencia alimentaria da humanidade nun futuro próximo e para mellorar a produtividade económica e ambiental do sector agrícola.En contraste coa mellora xenética tradicional, que se basea no cruzamento de centos ou miles de xenes, a Biotecnoloxía Vexetal permite a transferencia dun ou duns poucos xenes desexables. Esta tecnoloxía máis precisa proporciona aos melloradores vexetais as ferramentas para obter plantas de cultivo con carácteres desexables dunha forma mais rápida e controlada.Hai, de calquera xeito, grandes retos que se deben asumir nos próximos anos, como a percepción social da transxénese, ou as dificultades e peculiaridades asociadas ás técnicas do cultivo in vitro e á enxeñaría xenética en plantas. Ademais da formación científica, esta materia permitirá ao alumnado ter unha capacidade crítica e fundamentada para valorar a presenza continua de novas asociadas á problemática da transformación xenética de cultivos empregados como alimento.De calquera xeito, a transformación xenética de plantas, entendida como o proceso que permite o estudo funcional dos xenes e a mellora molecular das plantas, presenta un notable interese para a formación de alumnos de Bioloxía e moi en particular para os futuros biotecnólogos vexetais. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-904-9 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/10027 UL http://hdl.handle.net/10347/10027 LA glg NO Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Biotecnoloxía Vexetal NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026