RT Generic T1 A Educación na Natureza na provincia de Lugo. Análise da percepción das AMPAS T2 La Educación en la Naturaleza en la provincia de Lugo. Análisis de la percepción de las AMPAS T2 Education in Nature in the province of Lugo. Analysis of the perception of the AMPAS A1 Buján López, Paula K1 Natureza, educación, Educación na Natureza, escolas na natureza, bosque escolas, grupos de xogo na natureza, xogo libre. AB Na actualidade, cómpre crear alternativas sociais que promovan a reflexión sobre a crise ecolóxica na que estamos inmersas. Dende o punto de vista do ecofeminismo e partindo dunha ética ecolóxica, na que os seres humanos se reconcilian coa natureza e pasan a verse como unha parte dela, tendo moi presentes ás xeracións futuras, proponse a análise documental do concepto de Educación na Natureza, entendendo as súas bases e fundamentos. A través da observación non participante e de entrevistas non estruturadas, realizarase un estudo sobre as diferentes iniciativas de Educación na Natureza dentro da provincia de Lugo. Coñecendo e conversando con estas persoas, examinaranse os puntos en común destas entidades, as súas fortalezas e debilidades. Ademais, a través dun cuestionario de opinión, tentarase descubrir cal é a percepción das familias pertencentes ás AMPAS da provincia de Lugo sobre a Educación na Natureza e os Grupos de Xogo na Natureza, determinando se son coñecedoras, ou non, da súa existencia e do seu significado. YR 2022 FD 2022-09 LK https://hdl.handle.net/10347/37956 UL https://hdl.handle.net/10347/37956 LA glg NO Traballo de Fin de Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza DS Minerva RD 23 abr 2026