RT Generic T1 A minería do wolframio en Galicia durante o século XX. Aspectos económicos e sociais. O caso de Santa Comba A1 Vila Velo, Natalia K1 Wolframio K1 Minas K1 Santa Comba (Galicia) K1 Aspectos económicos K1 Aspectos sociais K1 Historia AB A minería do wolframio tivo unha gran importancia en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial (1936-1939) e máis durante a denominada Guerra de Corea(1950-1953). Unha das zonas mineiras máis notables foi a de Santa Comba, concretamente, as minas situadas no lugar de Barilongo. Neste traballo fixemos unha revisión da bibliografía existente sobre a historia deste mineral en Galicia e especialmente no devandito lugar, para seguir centrándonos nun aspecto ata agora descoñecido: o do impacto local dun negocio, que aínda que durou pouco debeu de ter un efecto moi forte. Con este obxetivo tratamos, en primeiro lugar de estudar os cambio no comercio local a través da documentación de permisos de apertura ou dos padróns da contribución industrial que as máis das veces existen nos arquivos municipais. Pero a inexistencia de tais datos no caso de Santa Comba, levounos a tentar un obxetivo distinto, o dos efectos demográficos do boom mineiro. Tras consultar os arquivos parroquiais da parroquia na que se asentaron as minas (San Salvador de Padreiro) e mais da capital do concello (Santa Cataliña da Armada en Santa Comba) constatamos que os impactos demográficos daquela minería foron relativamente limitados, posto que a brevedade da actividade fixo que o traballo fora atendido maioritariamente por labregos que viñan de concellos limítrofes, que non mudaron o seu domicilio. YR 2015 FD 2015-12-03 LK http://hdl.handle.net/10347/13753 UL http://hdl.handle.net/10347/13753 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía. Curso 2014-2015 DS Minerva RD 24 abr 2026