RT Book,_Section T1 Factores estruturais que contribúen ao problema dos incendios en Galicia: mudanzas no medio rural e deficiencias na xestión do territorio A1 López Iglesias, Edelmiro A2 Díaz-Fierros Viqueira, Francisco K1 Incendios forestais K1 Usos da terra K1 áreas rurais K1 Galicia AB Dados os problemas que xera o modelo de xestión de terras vixente en Galicia, resulta imprescindible abordar unha reforma estrutural adaptada ás necesidades actuais do medio rural. Reforma non centrada na propiedade, senón nos usos; que, sen alterar a distribución da propiedade, impulse a mobilización produtiva e unha adecuada xestión das superficies. Esta reforma, necesaria tamén por outros motivos económicos e ambientais, constitúe unha condición para reducir o risco de incendios a medio e longo prazo.Sen entrar nunha proposta detallada de medidas, destacamos catro elementos centrais que deben presidir esa reforma estrutural, a xeito de directrices transversais:a) Unha ordenación efectiva (non só no papel ou no DOG) dos usos do solo. Ordenación que delimite as terras urbanizables, as de vocación forestal –cunha ordenación por especies– e as reservadas para cultivos e pastos. E que regule tamén a localización doutras actividades económicas no medio rural, ademais de incorporar unha adecuada delimitación e mecanismos de apoio aos espazos naturais protexidos.b) A configuración, na lexislación e nas políticas públicas, dun novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras. Un novo equilibrio que priorice os proxectos de aproveitamento (sempre que estean acordes coa ordenación de usos aprobada), fronte aos dereitos de propiedade daqueles que se limitan a manter as terras en estado de abandono ou de degradación produtiva e ambiental.c) A coherencia dos incentivos das distintas políticas públicas coa ordenación de usos aprobada, corrixindo a fragmentación das políticas sectoriais e as contradicións entre elas que seguimos encontrando na actualidade.d) Dado que a inmensa maioría do territorio rural de Galicia é de propiedade privada, a mellora do uso das terras debe ser protagonizada polos propietarios e pola iniciativa privada, e corresponderá ás institucións públicas establecer o marco regulador e os incentivos para que os intereses privados se aproximen o máis posible aos obxectivos colectivos. Pero iso deberá acompañarse dunha xestión pública directa, pola Xunta de Galicia, de determinadas superficies, como os MVMC abandonados para os que nonexistan outras alternativas ou certos espazos naturais protexidos. PB Consello da Cultura Galega SN 978-84-17802-29-5 YR 2021 FD 2021-06 LK https://hdl.handle.net/10347/42125 UL https://hdl.handle.net/10347/42125 LA glg NO López Iglesias, E. (2021). Factores estruturais que contribúen ao problema dos incendios en Galicia: mudanzas no medio rural e deficiencias na xestión do territorio. En Díaz-Fierros Viqueira, F. (coord.): Unha nova xeración de lumes? Actas do Coloquio Galaico-Portugués sobre Incendios Forestais. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 121-149. ISBN 978-84-17802-29-5. DS Minerva RD 22 abr 2026