RT Dissertation/Thesis T1 Creación e transformacións da cidade litoral: Moaña, 1950-1987. Política, urbanismo, vivenda e sociedade A1 Pérez Rúa, Manuel K1 socioloxía e historia urbana K1 vivenda K1 urbanismo K1 Moaña AB Estudo sobre as transformacións morfolóxicas, políticas, económicas, residenciais, urbanísticas e sociais de Moaña (1950-1987), un proceso de desmariñeirización, reconversión e entrada nunha economía internacionalizada (pesca industrial, mariña mercante, plataformas petrolíferas) e industrial (instalación local de estaleiros e conserveiras) que permite soporte económico estable e perspectiva vital a unha poboación activa salarizada e abre a porta a importantes cambios espaciais: mobilización da propiedade parcelaria familiar, apertura de novos viarios, decadencia do centro histórico, creación do primeiro barrio urbano, gran desenvolvemento da edificación privada (sobre todo unifamiliar) e consolidación do centro urbano litoral.Os cambios económicos, laborais, urbanísticos e residenciais acompañaron a outros factores (crecemento demográfico, sociedade de consumo, aparición do automóbil, control da natalidade, decadencia da relixión católica, ensino obrigatorio, etc.) e políticos que analizamos en clave comparada: a ditadura e a democracia ante retos como o crecemento urbano, o deterioro medioambiental, a desnuclearización rural, o planeamento urbanístico ou a batalla por urbanizar e estender o borde mariño a través de recheos litorais. YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/17284 UL http://hdl.handle.net/10347/17284 LA glg DS Minerva RD 30 abr 2026