RT Generic T1 O Testamento do Arcediano de Toro : entendido como texto satírico dentro da produción medieval galego-castelá A1 Veiga Rilo, Elena K1 Testamento do Arcediano de Toro K1 Poesía galego-portuguesa K1 Arcediano de Toro K1 Poesía medieval K1 Poesía satírica K1 Cancionero de Baena AB Ante o Testamento do Arcediano de Toro, texto recollido no Cancioneiro de Baena (composición 316) e que situamos no século XIV (encadrándoo dentro da produción galego-castelá), dispoñémonos a estudar o seu carácter de sátira burlesca (unha das tendencias do baixo Medievo máis arraigadas), onde poderemos analizar unha ironía branda a nivel xeral e unha parodia do tema alusivo ao ¨mártir de amor¨.Así, teremos tamén en conta, na medida do posible, os aspectos lingüísticos que nos permiten perfilar o noso texto, escrito en lingua galega (o que nos fai deducir unha posible orixe galega do Arcediano de Toro) e estudaremos o seu esquema estrutural, relevante no noso traballo pois é preciso que salientemos o feito de ser o Testamento do Arcediano de Toro unha composición pioneira no uso do verso de arte maior dentro das letras hispánicas. YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/13092 UL http://hdl.handle.net/10347/13092 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2012-2013 DS Minerva RD 22 abr 2026