RT Book,_Whole T1 Libro de Resumos da V Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ_5) A1 Xuntanza Investigador@s Nov@s no ámbito da Química, A2 Martínez-Calvo, Miguel A2 Montes Goyanes, Rosa A2 Vázquez Vázquez, Carlos A2 Rumbo Gómez, Antonio AB A XINQ é un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poden dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria. A xuntanza está pensada para que @s nov@s investigador@s entendan que se pode explicar a ciencia, a química no noso caso, en lingua galega ao mesmo tempo que desenvolven as súas capacidades de comunicación en público. A xuntanza desenvólvese a través dunha serie comunicacións orais de carácter divulgativo onde, en galego, expoñen os aspectos máis significativos e xerais da investigación que realizan no seu máster ou doutoramento. Nesta cuarta edición, o comité organizador considera que a XINQ se consolidou xa como un espazo para a difusión da investigación no ámbito da química na nosa universidade en galego. Nesta xuntanza pódense encontrar participantes procedentes da maioría dos centros de investigación e facultades da nosa institución, pero ten máis importancia, na nosa opinión, a participación de estudantes que non teñen o galego como lingua materna. El@s ofrécenos o exemplo da importancia que lle dan as persoas á lingua no proceso de integración e como ven nela un vinculo sentimental fundamental na nosa sociedade. Dende a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química débese reflexionar sobre a participación do seu profesorado nesta actividade. Sería positivo que en cada edición unha parella de profesores puidesen expoñer a investigación realizada ou un tema científico de actualidade de xeito divulgativo en lingua galega. Deste xeito, co tempo, poderían animarse a desenvolver a súa actividade docente en galego utilizado en pouca medida na nosa facultade. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/46554 UL https://hdl.handle.net/10347/46554 LA glg DS Minerva RD 20 may 2026