RT Generic T1 A aprendizaxe cooperativa: proposta educativa nunha aula de inglés T2 El aprendizaje cooperativo: propuesta educativa en un aula de inglés T2 Cooperative learning: educational proposal in an English classroom A1 Teijo Lastra, Jessica K1 Aprendizaxe cooperativa, Inglés, Innovación educativa, Proposta de intervención, Educación Primaria. AB Este traballo pretende facer unha análise sobre unha das alternativas ao sistema de ensinanza tradicional da escola, a aprendizaxe cooperativa. Estúdase, en primeiro lugar, as súas características, a súa orixe e as súas principais técnicas pero, fundamentalmente, faise fincapé no seu desenvolvemento práctico. A partir de aquí, preséntase unha proposta didáctica deseñada para o primeiro curso de Educación Primaria na materia de Lingua estranxeira: Inglés, adaptándoa ás características dunha aula deste nivel do CEIP Luis Pimentel de Lugo, onde realicei a miña estadía de Prácticum. Pese á idea inicial de desenvolver a proposta de forma presencial na aula, podendo observar a súa eficacia, vantaxes e inconvenientes, finalmente, a proposta non puido desenvolverse pola situación de corentena imposta pola pandemia do virus COVID-19. É por isto polo que no traballo se recolle, ante a ausencia de datos empíricos concretos, unha revisión bibliográfica sobre as vantaxes e dificultades que este método de traballo cooperativo representa nas aulas, á par que unha reflexión sobre o esperado no seu desenvolvemento na aula. YR 2020 FD 2020-06 LK https://hdl.handle.net/10347/37978 UL https://hdl.handle.net/10347/37978 LA glg NO Traballo de Fin de Grao de Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil e Primaria. DS Minerva RD 23 abr 2026