RT Journal Article T1 A voltas coas contraccións : cun e con un T2 Concerning contractions : cun and con un A1 Xove Ferreiro, Xosé K1 Morfoloxía K1 Contracción K1 Grafía K1 Escrita K1 Pronuncia K1 Son K1 Preposición K1 Morphology K1 Contraction K1 Spelling K1 Written language K1 Pronunciation K1 Sound K1 Preposition AB A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaiaseguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo contracción dentro do noso uso gramatical no marco das relacións entre grafía e pronuncia, por un lado delimitando o que inclúen as contraccións e polo outro destacando que pode haber pronuncia “contracta” mesmo en ausencia de composto gráfico. Nesta liña, aínda que as Normas non informan sobre isto, sinalamos que a grafía con un non impón [koŋũŋ], senón que pode corresponder tamén a [kuŋ]. A consulta das bases TILG e CORGA, e mais dun conxunto importante de textos con transcricións da fala mostra que a prescrición normativaé fundamentada, pois a amálgama fónicafalta sobre todo cando un é N. Neste mesmo contexto sintáctico os galegofalantes practican tamén contraccións fónicas, particularmente cando un, como N, vai seguido da prep. de + sintagma; nestas situacións a pronuncia [kuŋ] pode corresponder de maneira natural á grafía normativa . PB Universidade de Santiago de Compostela SN 1989-578X YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/4687 UL http://hdl.handle.net/10347/4687 LA glg NO Xove Ferreiro, Xosé (2010): “A voltas coas contraccións: cun e con un”, Estudos de Lingüística Galega 2, 247-261. DS Minerva RD 27 abr 2026