RT Book,_Section T1 Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val A1 Alonso Núñez, Aquilino Santiago K1 Dialectoloxía K1 Dialectología K1 Dialectology K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) AB O concello de Castrelo do Val, situado na zona suroriental da provincia de Ourense,contaba en 1991 con 1.463 habitantes de dereito repartidos en dezaseis núcleos de poboación. Dende un punto de vista dialectolóxico (Fernández Rei, 1990), a fala deste concello englóbase no bloque central porque nesta zona dise pantalós fronte a pantalois do bloque oriental e a pantalóns do bloque occidental. Dentro do bloque central, esta fala sitúase na área oriental de transición, pois non se empregan il, iste, formas propias da área lucu-auriense; senón que se usan el, este.Os obxectivos do presente traballo son os seguintes:a) Facer un estudo descritivo dos sufixos -iño, -ito e -ico na fala viva do municipiode Castrelo do Val para axudar a concretar mellor a gramática descritiva do galego común actual no ámbito da sufixación. Os límites que este congreso impón para cada relatorio fan aconsellable un estudo reducido a estes tres sufixos. Por outra parte, considero que, para a descrición gramatical do galego común actual, é preferible analizar estes elementos nunha fala viva antes ca en obras literarias.b) Observa-lo reparto funcional de -iño e -ciño nesta fala.c) Subliña-la presencia do sufixo -ito na fala dos vellos de Castrelo do Val.d) Constatar que o valor “minorativo, empequenecedor” é o valor primordial dosufixo -ico na fala deste municipio.e) Intentar predicir cál será a evolución destes sufixos no futuro.Deixo fóra do meu estudo as chamadas funcións do diminutivo. Parto da hipótesede que estas formas expresan “minoración”. Esta “minoración” pode ir acompañada dun sentimento afectivo, quer positivo quer negativo. Tal sentimento afectivo, por veces,chega a borra-lo significado “diminutivo”.Para realizar este estudo botei man do material recollido para a miña tese de doutoramento sobre a fala de Castrelo do Val. Así, a información manexada procede de enquisas persoais e daquelas cintas gravadas máis aproveitables para este tema. PB Consello da Cultura Galega PB Instituto da Lingua Galega YR 2004 FD 2004 LK http://hdl.handle.net/10347/9828 UL http://hdl.handle.net/10347/9828 LA glg NO Alonso Núñez, Aquilino Santiago (2004). Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val. En: "A lingua galega: historia e actualidade" (vol. 4, 307-315). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega DS Minerva RD 26 abr 2026