RT Dissertation/Thesis T1 Francisco Asorey, escultor galego A1 Iglesias Baldonedo, Maribel A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte, K1 Francisco Asorey K1 Escultura K1 Simbolismo K1 Santiago de Compostela AB En 1959 o catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Otero Túñez, publica a obra: El escultor Francisco Asorey. Trátase dun completo estudo sobre a obra do escultor cambadés feito con testemuñas de primeira man, porque o escultor aínda vivía nesa data. Pero 56 anos da publicación desa obra penso que é necesaria unha revisión do legado artístico do escultor, feito á luz da evolución da historia da arte nos últimos anos e coa perspectiva dos máis de 50 anos transcorridos.Esta tese de doutoramento estrutúrase fundamentalmente en catro capítulos nos que se fai un percorrido pola traxectoria vital do artista e sobre todo un estudo das súas obras máis significativas. O primeiro capítulo aborda os anos de formación do escultor: Francisco Asorey nace en Cambados, Pontevedra, e marcha sendo un adolescente ao Colexio dos Salesianos de Sarriá, Barcelona, onde aprende o oficio de imaxineiro e toma contacto co estilo modernista-simbolista. Pasará logo ao Colexio, tamén Salesiano de Barakaldo e logo a Madrid. Rodin foi un referente nestes anos. Todos os escultores do ambiente madrileño imitaban ao escultor francés, pero ao noso inquedo escultor non lle gusta o que ve e empeza a investigar, na busca dun camiño propio que atopará no primitivismo da escultura románica compostelá. En 1919 instálase definitivamente en Santiago. O segundo capítulo aborda as obras dos anos 20, moi vinculadas ao movemento nacionalista da Irmandades da Fala, do que o escultor foi membro. O terceiro capítulo céntrase nas obras dos anos 30, a culminación artística do escultor coa realización dos grandes monumentos como o de Curros na Coruña ou o de san Francisco en Santiago. A Guerra Civil tronza esta evolución e no capítulo cuarto estúdanse as obras posteriores á Guerra, o momento álxido da súa carreira xa pasara pero o artista realiza algunhas obras de gran calidade nesta etapa.Nas conclusións finais abórdanse cuestións como a relación de Asorey coa crítica do seu tempo e a relación un pouco tensa coa xeración de artistas galegos coñecida como Os Novos ou renovadores. Chego á conclusión de que as influenzas entre estes artistas foron moi grandes (pero non recoñecidas) e que deben ser revisadas as contribucións de Asorey á escultura galega do s. XX, que foron moi importantes.Finalmente no capítulo seis faise unha catalogación da obra de Francisco Asorey, apórtanse fotografías e datos técnicos e na que se recollen 135 esculturas (algunhas delas inéditas), localizadas en monumentos, institucións ou coleccións particulares ou documentadas en libros ou fotografías. YR 2016 FD 2016-06-17 LK http://hdl.handle.net/10347/14799 UL http://hdl.handle.net/10347/14799 LA glg DS Minerva RD 26 abr 2026