RT Dissertation/Thesis T1 Modelización de fenómenos sociais mediante propiedades emerxentes das redes de interconexión dentro dunha comunidade A1 Mussa Juane, Mariamo K1 sistemas complexos K1 física non linear K1 sistemas reactivo-difusivos K1 inestabilidade de Turing K1 factor de crecemento K1 redes K1 modelos sociais K1 bilingüismo AB Andentrarémonos no mundo dos sistemas complexos porque comprendemos que, dentro do marco establecido, a natureza está artellada como tal. Faremos unha introdución as redes, a súa parametrización, a que tipo de redes teóricas existen na litaratura e, a continuación, presentamos un tipo de redes reais, obtidas de Twitter. Acto seguido mergullarémonos no formalismo matemático das estruturas de Turing deslocalizadas, que dan conta desta inestabilidade en sistemas reactivo-difusivos en redes complexas. Da análise linear destes sistemas, extraeremos o obxecto matemático factor de crecemento que nos permite medir o ritmo de evolución dun sistema tras sufrir unha perturbación. O seu módulo, negativo ou positivo, indica que o sistema retorna ao estado inicial homoxéneo, no primeiro caso, ou que pode evolucionar cara a un estado de equilibrio novo, no segundo. Atopar valores positivos do factor de crecemento danos a condición necesaria para a existencia da inestabilidade. Se a nova estrutura emerxe, aparece un novo estado estable no espazo e no tempo. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27133 UL http://hdl.handle.net/10347/27133 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026