RT Generic T1 Identidade e coñecemento no culto dionisíaco e nas Bacantes de Eurípides A1 García Paleo, Elena K1 Culto dionisíaco K1 Relixións mistéricas K1 Identidade K1 Bacantes K1 Eurípides AB Este traballo ten como idea xeral a interese por tres cuestións centrais: os conceptos antigos sobre as transformacións de identidade e en que modo estes modelan a representación, a forte imbricación entre identidade y coñecemento no mundo grego e o papel que xogan as relixións mistéricas (moi especialmente a dionisíaca) nestas dúas concepcións. Para tratar estes aspectos tomarase como modelo As Bacantes de Eurípides, xa que é un texto emblemático neste ámbito porque, entre outras causas, é un texto que xoga moi abertamente coa fusión entre as experiencias rituais dionisíacas e a experiencia teatral.Ademais é unha obra ande o coñecemento funciona como un dos temas centrais. Un motivo recurrente aquí é o de ser ou non ser capaz de ver e comprender a divinidade, plantearnento típico das experiencias mistéricas. Para o desenrolo do tema seguiranse estas pautas: Por un lado, situarase dentro das interpretacións ritualistas da traxedia grega a tese de que unha clave esencial para descifrar a mesma é a consideración de Dioniso como deus dun culto mistérico; a través da remarcación dos elementos textuais que permiten afirmar o se u vínculo con este culto. Así mesmo, analizaranse detalladamente as escenas de Bacantes ande se presenta máis abertamente a alteración de identidades dos personaxes: as súas metamorfoses externas e internas; para establecer a relación deses motivos co máis recorrente na traxedia: a epifanía, revelación -ou non- da divinidade. Por outro lado, exporase un tratamento das experiencias de alienación nos cultos mistéricos: que se sabe e como se interpreta. Finalmente, intentaranse combinar lecturas mistéricas e psicolóxicas ou metateatrais en Bacantes. YR 2018 FD 2018-10-23 LK http://hdl.handle.net/10347/23409 UL http://hdl.handle.net/10347/23409 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2018-2019 DS Minerva RD 24 abr 2026