RT Generic T1 A posición do suxeito nas construcións intransitivas do galego T2 La posición del sujeto en las construcciones intransitivas del gallego T2 The position of the subject in galician intransitive constructions A1 Area Falcón, Mariña K1 Orde de constituíntes K1 Suxeito K1 Intransitividade AB Do punto de vista tipolóxico, o galego é unha lingua xeralmente incluída dentro do tipo S(uxeito) - V(erbo) - O(bxecto), e.g. A nena mercou un libro. Aínda que admitindo certo grao de liberdade, como é propio no caso das linguas flexivas, esta é a distribución de constituíntes predominante nas oracións básicas do galego. No entanto, nas construídas sen obxecto directo, i.e. intransitivas, a orde básica non é así tan fácil de determinar: certos verbos e estruturas semellan favorecer a posposición do suxeito, mesmo en condicións non marcadas. A pesar de nos situarmos así no ámbito da sintaxe oracional, o estudo da posición do suxeito está sen dúbida sometido á procura de factores semántico-pragmáticos, textuais e discursivos que condicionan tal variabilidade. Con todo, tamén se verá interferido pola circunstancia do galego ser, para alén dunha lingua flexiva de orde bastante libre, unha lingua de suxeito nulo cunha forte tendencia a non marcar o suxeito explícito. Tendo isto en conta, é o obxectivo deste traballo analizar, cuantitativa e cualitativamente, o comportamento posicional do suxeito a partir dos tres grandes tipos de verbos que dan lugar ás construcións intransitivas: a) inacusativos, do tipo chegar, b) inergativos, do tipo vivir e c) psicolóxicos con estrutura OI-V-S, do tipo gustar. Para a realización das análises constituirase un corpus ad hoc que recolla unha mostra representativa de verbos dos tres tipos supracitados, botando man da base de datos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). No percurso da pesquisa, privilexiaremos unha ollada funcional-cognitiva, asumindo que a estrutura oracional reflicte, no plano da expresión lingüística, decisións correspondentes ao plano semántico e/ou pragmático-discursivo. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/31091 UL http://hdl.handle.net/10347/31091 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023 DS Minerva RD 23 abr 2026