RT Generic T1 As diferentes configuracións da propiedade e a súa relevancia nas sociedades dende unha perspectiva histórica: a importancia das herdanzas A1 Pillado Rico, Pablo AB A composición da propiedade privada en diferentes rexións do planeta ofrécenos información sobre como as políticas levadas a cabo polo Estado e os sistemas económicos imperantes subordinan as relacións da poboación coa propia propiedade privada. Por esta mesma razón para a análise, que comprende o século XX e primeiros anos do XXI, empregamos, dunha banda, a China e a Rusia, como países ex-comunistas, e doutra banda a España e Francia, como países cunha historia económica similar entre elas, pero oposta aos anteriores.Unha vez analizada a composición da propiedade privada nos catro países de referencia, pasamos a estudar o impacto das herdanzas na acumulación de capital co paso das xeracións dentro dun marco global, e o seu impacto sobre a desigualdade económica. Por último, trataremos a reaparición na última década do capitalismo rentista ou patrimonial imperante no mundo ata principios do século XX. YR 2022 FD 2022-06 LK http://hdl.handle.net/10347/29940 UL http://hdl.handle.net/10347/29940 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 28 abr 2026