RT Book,_Section T1 O verbo galego: usos e abusos, descrición e prescrición A1 Xove Ferreiro, Xosé K1 Morfoloxía K1 Morfología K1 Morphology K1 Verbo K1 Verb K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) AB O obxectivo sinalado para a nosa intervención é o de dispoñer o foco de luz sobre problemas de uso en que anda envolvido o verbo. Os problemas non son poucos, mesmo restrinxindo o campo de observación ao ámbito estrito do emprego das unidades verbais, simples ou perifrásticas: problemas no uso do infinitivo (inf. flexionado, inf. como verbo independente, a + inf.), do xerundio (posterioridade, especificativo), do participio (participios “dobres”), dos futuros de indicativo (futuro e pospretérito), das formas de pretérito e de futuro de subxuntivo, problemas no uso de ter + part., no dalgunhas perífrases modais (ter de + inf., haber (de) + inf.), no de construcións perifrásticas ou próximas con vir (vir de + inf), con voltar, con perífrases pasivas, e aínda algunhas cousas máis. Non é posible abordar todos estes problemas na presente sesión, como tampouco tentar facer unha delimitación precisa dos seus ámbitos do uso correcto. As nosas miras encamíñanse a examinar as dificultades de determinar a corrección ou incorrección de expresións situadas nos bordos do que consideramos galego, e, en consecuencia, as dificultades de delimitar e describir o bo uso correspondente. PB Consello da Cultura Galega PB Instituto da Lingua Galega YR 2005 FD 2005 LK http://hdl.handle.net/10347/9749 UL http://hdl.handle.net/10347/9749 LA glg NO Xove Ferreiro, Xosé (2005). O verbo galego: usos e abusos, descrición e prescrición. En "Norma lingüística e variación" (pp. 313-334). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega DS Minerva RD 24 abr 2026