RT Dissertation/Thesis T1 Relatos de lenzos e pantallas. Interseccións entre ficción serial contemporánea e pintura A1 Calvo Gens, Laura K1 televisión K1 pintura K1 cine K1 cultura de masas K1 estética AB A serie Twin Peaks: The Return (David Lynch e Mark Frost, Showtime, 2017), inclúe, entre moitos outros aspectos novidosos, a referencia pictórica como un elemento central para o seu desenvolvemento narrativo. Se ben a proposta de David Lynch resulta moi particular no complexo ecosistema da serialidade contemporánea, outras series de ficción tamén recuperan pinturas e/ou aspectos pictóricos a través de distintas formalizacións. Cadros que forman parte do mundo de ficción, tableaux vivants que recuperan iconografías pictóricas, detalles que interrompen o discurso audiovisual, pinturas que realizan os personaxes ou pezas colgadas en museos propóñense como elementos que dialogan cos aspectos narrativos, estéticos e simbólicos dos distintos relatos de ficción. Por todo isto, esta investigación analiza as formas, funcións, valores e sentidos da pintura nas series de ficción contemporáneas, para así repasar a súa influencia e impacto nos mundos de ficción, as súas achegas estéticas ás distintas series e as implicacións que estas imaxes teñen na construción dos seus relatos. YR 2026 FD 2026 LK https://hdl.handle.net/10347/46848 UL https://hdl.handle.net/10347/46848 LA glg DS Minerva RD 6 may 2026