RT Generic T1 A industria do moble no concello de A Estrada A1 García Sueiro, David K1 Industria do moble K1 Industria del mueble K1 Furniture industry K1 Galicia AB O traballo divídese en tres grandes partes, a primeira na que se intenta explicar o contexto forestal, demográfico e económico do concello para o cal se presentan datos, mapas e gráficos coa intención de facer un seguimento da evolución que tivo esta importante industria no concello estradense. O segundo apartado intenta percorrer de xeito breve a historia e desenvolvemento da industria do moble, facendo especial fincapé na importancia das empresas e organismos locais, que dende os comezos da industria loitaron por facer deste sistema produtivo algo propio do pobo. E por último unha terceira parte na que se pretende achegar ao sector a realidade máis directa da industria da man de numerosos empresarios, os cales a través dunha serie de entrevistas se prestaron a darnos o seu punto de vista sobre determinados temas relacionados co sector da madeira e do moble. Deste xeito, levarase a cabo un estudo dunha serie de puntos críticos que afectaron á evolución desta industria durante a crise e cos cales se pretende trasladar a realidade do sector no contexto máis adecuado. Este traballo conta con 9.999 palabras. YR 2016 FD 2016 LK http://hdl.handle.net/10347/15044 UL http://hdl.handle.net/10347/15044 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 24 abr 2026