RT Generic T1 Detectives de contos: Situación de aprendizaxe no eido da educación literaria para a deconstrución de prexuízos T2 Detectives de cuentos: Situación de aprendizaje en el campo de la educación literaria para la deconstrucción de prejuicios T2 Story Detectives: Learning situation in the field of literary education for the deconstruction of prejudices A1 Carballo Gómez, Cristina A1 Fernández Rubio, Carla K1 Literatura Infantil e Xuvenil, Estereotipos, Álbums ilustrados, Situación de Aprendizaxe, Promoción da lectura. AB O panorama actual con respecto á lectura progresou ao longo destes anos, aínda que queda camiño por percorrer para promocionar a lectura e lograr instaurar un hábito lector estable. Ao mesmo tempo, a Literatura Infantil e Xuvenil é unha ferramenta eficaz coa que tratar problemáticas circundantes. Consecuentemente, a pretensión inicial deste traballo é erradicar, partindo da literatura, os estereotipos e prexuízos para a creación dunha sociedade na que impere o pensamento crítico. A este aspecto, créase un proxecto escolar para incluír no Plan Anual de Lectura, centrado na reescritura de personaxes arquetípicas da esfera do antagonista. Isto efectuarase partindo de álbums ilustrados e cunha metodoloxía innovadora, que permita a motivación cun proceso lúdico. Este proxecto concretouse nunha Situación de Aprendizaxe destinada ao 5º curso de educación infantil. Nela búscase promocionar a lectura e o acceso á biblioteca escolar para establecer na infancia a educación literaria, focalizando na competencia literaria e o hábito lector. Para amosar a súa efectividade implementouse unha adaptación nun contexto real, cuxos resultados reflectiron a positiva implicación do alumnado, malia as restricións de tempo. En definitiva, constatouse a determinación da literatura como esencial para o desenvolvemento positivo das crianzas. Por tal razón, avógase por continuar aplicando estas experiencias, detectando os beneficios nas distintas franxas de idade e expandíndoos ao conxunto da sociedade. YR 2023 FD 2023-06 LK https://hdl.handle.net/10347/37987 UL https://hdl.handle.net/10347/37987 LA glg NO Traballo de Fin de Grao de Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil DS Minerva RD 24 abr 2026