RT Book,_Whole T1 Haluros de Alquilo A1 Seijas Vázquez, Julio Antonio A1 Vázquez Tato, María del Pilar K1 Reactividade dos compostos orgánicos K1 Reactividad de los compuestos orgánicos K1 Enlace carbono-halóxeno K1 Enlace carbono-halógeno K1 Substitución nucleófila bimolecular K1 Sustitución nucleófila bimolecular K1 Substitución nucleófila unimolecular K1 Sustitución nucleófila unimolecular K1 Nucleófilos K1 Electrófilos K1 Grupos saíntes K1 Grupos salientes K1 Química Orgánica K1 Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais AB A planificación para un curso de química orgánica xeral no que se encadra esta unidade didáctica fíxose mediante unha ordenación segundo os distintos grupos funcionais. Isto permite subministrar os coñecementos básicos sobre a estrutura das moléculas orgánicas ao mesmo tempo que posibilita a introdución progresiva dos distintos tipos de reaccións(substitución, eliminación, adición, etc.). Esta ordenación é aconsellable, dende o punto de vista pedagóxico, para o alumnado que se inicia no estudo da química orgánica, pero non impide que se vaian introducindo ao longo do curso as relacións existentes entre funcións que dan reaccións similares. Deste xeito, evitarase un programa con contidos excesivamente enciclopédicos e de carácter demasiado descritivo. Tendo por obxecto que o estudante comprenda a química orgánica dunha maneira lóxica e entenda o seu carácter encadeado. Por iso, é necesario a compresión e o coñecemento dos temas anteriores para o seguimento dos posteriores.Finalmente, os coñecementos adquiridos aplícanse ao deseño de sínteses sinxelas de compostos orgánicos.Esta unidade didáctica encádrase no bloque II sobre a reactividade dos compostos orgánicos. Aínda que na unidade didáctica anterior se estuda a reactividade dos alcanos é realmente nesta onde se inicia o estudo dos mecanismos e da reactividade dos compostos orgánicos, xa que se estuda por primeira vez un composto orgánico que contén un grupo funcional. Introdúcense as reaccións de substitución nucleófila e de eliminación, cuxo entendemento vai ser imprescindible e, ao mesmo tempo, facilitar o estudo dos contidos posteriores. De feito, practicamente en todos os temas que seguen vaise facer referencia á similitude doutras reaccións con estas. Por outra parte, a súa comprensión vai permitir o entendemento de moitos procesos que teñen lugar na industria e mesmo nos seres vivos, xa que moitas reaccións que ocorren na natureza, así como a actividade de certos pesticidas, fármacos, axentes mutáxenos, etc. pódense explicar por medio destes mecanismos. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-744-1 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/10026 UL http://hdl.handle.net/10347/10026 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Química Orgánica NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026