RT Generic T1 Risco sanitario por consumo de marisco furtivo en Galicia T2 Riesgo sanitario por consumo de marisco furtivo en Galicia T2 Sanitary risk because of poached seafood consumption in Galicia A1 Riveiro Millán, Andrea K1 Furtivismo K1 Depuración K1 Marisco K1 Galicia K1 Risco sanitario K1 Intoxicación alimentaria AB Neste traballo de divulgación reúnese información sobre os principais riscos sanitarios que comporta o consumo de marisco furtivo en Galicia. O furtivismo é unha práctica moi estendida nesta comunidade autónoma e trae consigo repercusións económicas, sociais e sanitarias, particularmente nunha zona xeográfica onde o sector pesqueiro é un dos grandes motores da economía. Preséntase una breve introdución ó fenómeno do furtivismo, e explícase cales son as principais condicións que permiten que esta sexa unha práctica tan común en Galicia. Para entender os perigos que implica o consumo de marisco furtivo, discútese a importancia do proceso de depuración dos moluscos bivalvos nos centros de depuración para reducir a carga bacteriana, e detállanse os requisitos sanitarios das lonxas e industrias de procesado e comercialización de marisco. Así mesmo, resúmense as principais intoxicacións alimentarias provocadas por axentes bacterianos, víricos, biotoxinas mariñas, metais pesados e compostos químicos orgánicos, que son de especial importancia sanitaria neste marisco que evade o control oficial. As especies de marisco que adoitan implicar un maior risco sanitario son os moluscos bivalvos, e a maior parte das intoxicacións alimentarias acostuman a estar provocadas por bacterias, virus e biotoxinas mariñas. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30429 UL http://hdl.handle.net/10347/30429 LA glg NO Traballo Fin de Grao en veterinaria. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 4 may 2026