RT Generic T1 Análise comparada do sector agroalimentario de Galiza e Bretaña: estrutura, principais magnitudes e dinámica nas décadas recentes A1 Luaces Rozados, Lucas Jacobo K1 Sector agroalimentario K1 Agricultura K1 Sector lácteo K1 PAC K1 CEE K1 Galicia K1 Bretaña AB O obxectivo deste traballo é ofrecer unha aproximación á estrutura do sector agroalimentario en Galiza e as súas transformacións nos tres últimos decenios (o período transcorrido desde a integración na Unión Europea), tomando como termo de comparación unha rexión europea coa que, a priori, ten notables similitudes: a Bretaña francesa. Para iso, nun primeiro apartado examinamos as principais características e a dinámica nas últimas tres décadas das macromagnitudes básicas do sector agroalimentario galego, o conxunto formado polo sector agrario e a industria agroalimentaria. A continuación referímonos á realidade deste sector na Bretaña francesa, analizando brevemente as súas transformacións desde mediados do século XX e aportando os datos esenciais sobre a súa realidade actual. Finalmente, no terceiro e último apartado efectuamos unha comparación da realidade agraria e agroalimentaria das dúas rexións, tentando destacar as similitudes e diferenzas; cunha referencia específica á principal liña de especialización do agro galego, o sector lácteo YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/19035 UL http://hdl.handle.net/10347/19035 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 24 abr 2026