RT Dissertation/Thesis T1 Métodos iterativos en s-pasos para a resolución de grandes sistemas dispersos de ecuacións e a súa implementación paralela A1 Casal Urcera, Gerardo K1 Métodos iterativos K1 Sistemas dispersos K1 Subespacios de Krylov K1 Programación paralela K1 s-pasos K1 s-steps K1 Iterative methods K1 Sparse systems AB Os métodos iterativos en s-pasos para a resolución de grandes sistemas dispersos de ecuacións son variantes dalgúns métodos iterativos coñecidos, baseados en subespazos de Krylov, para a resolución de grandes sistemas de ecuacións lineares coa matriz de coeficientes dispersa. A finalidade destas variantes é conseguir unha mellor eficiencia na implementación paralela destes métodos aumentando a razón entre o número de operacións e os accesos á memoria do computador. Nesta tese proponse unha variante en s-pasos dun método que xeneraliza os métodos iterativos tipo Gradente Conxugado. Proponse tamén un método en s-pasos da variante Orthomin desta xeneralización. Demónstranse propiedades e teoremas de converxencia, e obtéñense como casos particulares os métodos en s-pasos coñecidos así como algúns novos que son propostos nesta tese. Remátase con resultados numéricos que corroboran a mellor eficiencia destas variantes en programación paralela respecto aos orixinais. YR 2012 FD 2012-04-18 LK http://hdl.handle.net/10347/4348 UL http://hdl.handle.net/10347/4348 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026