RT Book,_Whole T1 Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físico A1 González Ferreiro, Eduardo A1 Miranda Barrós, David A1 Buján Seoane, Sandra A1 Barreiro Fernández, Laura AB A unidade didáctica titulada Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise domedio físico está encadrada dentro da materia de Xeomática do Máster daTerra e do Territorio (MTT).Os alumnos do MTT proceden de diferentes campos das enxeñeríase das ciencias sociais con disciplinas afíns á temática do máster, talescomo: Administración Pública, Antropoloxía, Bioloxía, Ciencias Ambientais,Dereito, Empresariais, Estatística, Economía, Xeografía, Xeoloxía,Xeomática, Humanidades, Informática, Enxeñería Agrónoma, EnxeñeríaCivil, Enxeñería de Montes, Socioloxía, Topografía, ou Turismo.A materia de Xeomática ten como principal obxectivo capacitar óalumno para utilizar as tecnoloxías da información xeográfica na creación,manexo, análise e presentación de datos e información territorial.Na unidade didáctica 5 (UD5) que nos ocupa, impártense oscoñecementos básicos necesarios para o estudo do medio físico, a travésdo tratamento dos datos capturados polo sensor activo LiDAR (LightDetection and Ranging) aerotransportado, xa que este sensor permite acaptura de datos xeográficos dunha forma áxil e precisa, mentres que otratamento dos seus datos permite a xeración de modelos que describen oterreo e os obxectos situados enriba del. Así na actualidade, a tecnoloxíaLiDAR revelouse como a máis efectiva para a produción de ModelosXeográficos de alta resolución e calidade. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-745-8 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33988 UL http://hdl.handle.net/10347/33988 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026