RT Book,_Whole T1 Os problemas de optimización en redes: algúns problemas clásicos de optimización en redes e a súa resolución A1 Saavedra Nieves, Alejandro A1 Casas Méndez, Balbina K1 Optimización K1 Redes K1 Modelos de programación matemática K1 Linguaxe R AB Neste esencial imos facer un pequeno percorrido polas versións máis sinxelas dalgúns dos problemas clásicos de optimización en redes. Debido a que gran cantidade dos asuntos que nos rodean se organizan en redes, esta clase de problemas ten infinidade de aplicacións, entre outras, as seguintes:• deseño de rutas de vehículos ou de autoestradas, que minimicen a distancia entre dous vértices dados, • o deseño de redes de comunicacións, coma o trazado de redes de fibra óptica de maneira que se cubran os vértices da maneira máis económica posible,• determinar a cantidade máxima de enerxía que se pode enviar a través dunha rede eléctrica.Matematicamente, para a modelización deste tipo de situacións é preciso introducir o concepto de grafo. Un grafo queda determinado por un conxunto de vértices ou nodos, que denotaremos por N, que están conectados mediante os arcos ou arestas (no caso de grafos non dirixidos) ou as conexións (no caso de seren dirixidos) no conxunto M. Neste contexto, denomínase fluxo a calquera ben que circule polas conexións ou arcos do grafo. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 9791388118074 YR 2025 FD 2025-10-09 LK https://hdl.handle.net/10347/44473 UL https://hdl.handle.net/10347/44473 LA glg DS Minerva RD 18 abr 2026