RT Dissertation/Thesis T1 A Cultura Popular na Galicia Medieval: Ocio e Devocións A1 Coira Pociña, Juan A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Medieval e Moderna, K1 Cultura popular medieval K1 ocio K1 concepción do tempo K1 devoción K1 festividade K1 Idade Media K1 Galicia AB A cultura popular constituíu un dos eixos da Idade Media, pois case a totalidade da poboación, neste caso concreto do noroeste peninsular, era partícipe ou comprendía os seus significados. Nesta cultura, o ocio e os seus elementos tiñan unha importancia capital, sobre todo pola súa función na concepción do tempo e a estreita relación coa devoción, expresadas ambas, principalmente, no marco espazo-temporal da festividade. A pesares da relevancia da festividade o ocio, como a devoción, non se restrinxía a este contexto; a vida cotiá foi tamén escenario das súas manifestacións concretas, tales como a risa, o baile ou o xogo. Estas manifestacións e a súa relación co cristianismo “oficial” evolucionaron ao longo da Idade Media, orixinando un proceso de aculturaciñn no que dúas culturas, a popular e a cristiá, aportaron e determinaron a cultura medieval. YR 2016 FD 2016-02-17 LK http://hdl.handle.net/10347/13863 UL http://hdl.handle.net/10347/13863 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026