RT Dissertation/Thesis T1 Manifestacións populares tradicionais e prensa local na Comarca de Lemos A1 Martín Rodríguez, Almudena A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e xornalismo, K1 Medios de comunicación local K1 prensa local K1 axenda K1 manifestacións populares tradicionais K1 Comarca de Lemos AB A presente investigación pretende achegar ao lector a realidade xornalística dos medios de comunicación locais da Comarca de Lemos, a través das aparicións das manifestacións populares tradicionais deste territorio na súa prensa local. Extraéronse interesantes conclusións sobre as rutinas produtivas no proceso xornalístico e o peso das tradicións populares tradicionais na axenda temática dos medios, así como a fidelización dos lectores a través da identificación coa comunidade e o medio, todo elo relacionado co proceso estudado. A hipótese de partida queda confirmada trala realización dunha investigación que incluiu aspectos cualitativos, cuantitativos e feita en clave multidisciplinar coa que se demostra a existencia dunha relación de interdependencia entre os medios de comunicación locais e as entidades que teñen entre os seus obxectivos a preservación e posta en valor destas manifestacións populares tradicionais da Comarca de Lemos. YR 2016 FD 2016-02-23 LK http://hdl.handle.net/10347/13870 UL http://hdl.handle.net/10347/13870 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026