RT Generic T1 O proceso de individualización do romance galego fronte ao latín vulgar galaico e aos romances veciños T2 El proceso de individualización del romance gallego frente al latín vulgar galaico y a los romances vecinos T2 The process of individualization of Galician romance versus Galician vulgar latin and neighboring romances A1 Sambade Vázquez, Rosalía K1 Continuum lingüístico K1 Latín vulgar galaico K1 Romance galego K1 Conciencia lingüística AB En primeiro lugar, introducirase o concepto de lingua e a problemática que se produce arredor da súa delimitación. Desta maneira, presentarase o contexto de diversidade lingüística como un continuum en que os factores que permiten o seu acoutamento son maioritariamente extralingüísticos. Polo tanto, empregarase como criterio principal de diferenciación a conciencia metalingüística.A continuación, realizarase unha pequena descrición do proceso de latinización de Gallaecia e unha presentación da evolución da situación sociolingüística, que pasa dun contexto de endodiglosia funcional (latín vulgar fronte a latín culto) a un contexto de exodiglosia funcional (romance galego fronte a latín culto). A conciencia sobre esta situación acentúase grazas ao proceso de descentralización do latín culto literario que permite o Concilio de Tours e o Concilio de Burgos. Posteriormente, presentaranse grosso modo os trazos definitorios do romance galego fronte a outras variedades ou romances derivados do latín e o seu proceso de diferenciación con respecto a elas. Esta separación, ademais de pola diferenza dos trazos lingüísticos, prodúcese sobre todo grazas á consciencia metalingüística, que se analizará por medio dunha serie de textos. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30275 UL http://hdl.handle.net/10347/30275 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 23 abr 2026