RT Conference_Proceedings T1 VI Encontro Mocidade Investigadora en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas. Libro de resumos. Santiago de Compostela, 12 e 13 de xuño 2018 A1 Camoiras Rodríguez, Zaira A1 Pin Moros, Iria A1 Arribas González, Laura A1 Miramontes Viña, Vanessa K1 diálogo interdisciplinar entre doutorandos e investigadores K1 Encontro da Mocidade Investigadora AB O que comezou sendo unha pequena semente, acadou por transformarse nunha árbore, unha árbore que co paso dos anos adopta máis e máis frondosidade. No ano 2018 cumpríronse seis anos do nacemento dun proxecto que buscou propiciar un punto de encontro para tódolos estudantes dos diversos programas de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, así como daqueles outros matriculados en programas de doutoramento de carácter interuniversitario no marco desta mesma universidade. Nace así o Encontro da Mocidade Investigadora, e no ano 2018 aledámonos de que acadase xa a súa sexta edición. Con el bota a andar unha das máis frutíferas e valiosas plataformas desta universidade para o intercambio de coñecementos e o diálogo interdisciplinar entre doutorandos e investigadores, no marco da realización das súas teses de doutoramento.Baixo a visión e os obxectivos fixados pola Escola de Doutoramento Internacional, este é o segundo ano no que tódalas labores de organización do Encontro foron desempeñadas plenamente polos propios doutorandos.O 12 e 13 de xuño de 2018 foron as datas elixidas para a súa sexta celebración, e o presente volumen ten como finalidade plasmar o traballo dos participantes, así como amosar de xeito paralelo a sobranceira calidade das súas achegas. SN 978-84-09-12264-6 YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/18998 UL http://hdl.handle.net/10347/18998 LA spa DS Minerva RD 27 abr 2026