RT Journal Article T1 Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial A1 Domínguez Noya, Eva María A1 Míguez, Vítor K1 corpus lingüístico K1 anotación morfosintáctica K1 nomenclatura científica binomial K1 galego AB O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un subtipo específico de substantivos, nomenclatura científica, sen concretar valores de xénero nin número. Describimos logo as actuacións desenvolvidas no kérnel ou núcleo e mais no corpus de adestramento para integra-la nova etiqueta no sistema XIADA e, a continuación, avaliamos dúas estratexias para a detección de candidatos: unha ferramenta específica para a súa extracción e inventarios dispoñibles en Internet. Por último, á luz dos datos que proporciona o CORGA, constatamos unha presenza notable de termos científicos binomiais e demostrámo-la importancia da nova etiqueta para a súa identificación e distribución. PB Universidade de Santiago de Compostela SN 1989-578X YR 2022 FD 2022-12-07 LK http://hdl.handle.net/10347/31906 UL http://hdl.handle.net/10347/31906 LA glg NO Domínguez Noya, E. M., & Míguez, V. (2022). Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: A etiquetaxe da nomenclatura científica binomial. Estudos de Lingüística Galega, 14. https://doi.org/10.15304/elg.14.8452 DS Minerva RD 30 abr 2026