RT Generic T1 Integración dunha plataforma de xestión de laboratorios co equipamento dos laboratorios de Televés Ladetel A1 Veiga Otero, Rosa Elena K1 ISO 17025 K1 Ladetel K1 Evaluación de laboratorios K1 Acreditación de laboratorios K1 Xestión de laboratorios AB Ladetel é un laboratorio pertencente á Corporación Televés, cuxa actividade consiste fundamentalmente na realización de ensaios para o marcado CE de aparatos electrónicos, tanto de clientes internos como externos. Como parte do "Programa Industrias do Futuro 4.0" da Xunta de Galicia, Televés está a desenvolver o seu proxecto Corp4Future, contexto no que o seu laboratorio de ensaios Ladetel enmarca unha actividade de implantación dun sistema de calidade conforme á norma ISO 17025. A norma ISO 17025 contén os requisitos que teñen que cumprir os laboratorios de ensaio e calibración, no caso de que desexen demostrar que posúen un sistema de xestión, son técnicamente competentes e son capaces de xerar resultados tecnicamente válidos. O recoñecemento formal que recibe un laboratorio cun sistema de xestión acorde á norma ISO 17025 é a acreditación. En Europa a acreditación está regulada polo Regulamento (CE) nº 765/2009, no que se fixa un modelo de acreditación baseado na existencia dun único Organismo Nacional de Acreditación en cada Estado membro, formalmente designado e con potestade pública para levar a cabo a súa función. Deste xeito, un laboratorio acreditado garante que a calidade dos seus ensaios e servizos é avaliada por un organismo competente e cualificado. En España, este organismo é a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC). A norma ISO 17025 establece unha serie de requisitos de xestión similares a outras normas de calidade tipo ISO 9001, pero a maiores esixe outra serie de requisitos técnicos, totalmente específicos e orientados aos laboratorios de ensaio e calibración. Ademais disto, a ENAC establece os seus propios requisitos. YR 2019 FD 2019-09 LK http://hdl.handle.net/10347/26561 UL http://hdl.handle.net/10347/26561 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2018-2019 DS Minerva RD 6 jun 2026