RT Dissertation/Thesis T1 Avaliación da memoria e aprendizaxe verbal no Deterioro Cognitivo Lixeiro A1 Campos Magdaleno, María K1 Envellecemento cognitivo K1 Test de Aprendizaje Verbal de España-Complutense K1 Subtipos de deterioro cognitivo lixeiro K1 Queixas subxectivas de memoria AB O Deterioro Cognitivo Lixeiro (DCL) enténdese como unha fase intermedia entre o envellecemento normal e a demencia. O Test de Aprendizaje Verbal de España-Complutense (TAVEC) permite avaliar o rendemento obxectivo da memoria, necesario para o diagnóstico clínico de DCL. No presente traballo demostrouse que o TAVEC é un instrumento robusto, e que o rendemento dos distintos subtipos de DCL nas variables do mesmo mostran patróns diferenciais. Os conglomerados obtidos nas variables do instrumento resultaron útiles a hora de detectar as persoas con DCL amnésico, con un bo nivel de sensibilidade. O estudo lonxitudinal confirmou a existencia do efecto da práctica para o TAVEC tanto nos grupos con DCL como nas persoas cognitivamente normais, e apareceron cambios significativos principalmente nas variables de recordo nos grupos DCL, mentres que os cognitivamente normais tenden a permanecer estables. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/15263 UL http://hdl.handle.net/10347/15263 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026