RT Journal Article T1 A construción da identidade galega e das súas representacións sociais: o cultural e o natural A1 Jiménez Aleixandre, María Pilar A1 López Facal, Ramón AB Este artigo discute algúns aspectos da construción da identidade galega, ou noutras palabras do proceso de identificación con Galicia, e como esta identidade é representada socialmente. Examínase en primeiro lugar o enfoque teórico de partida, que entende as identidades como construcións dinámicas, e en segundo a evolución histórica das súas representacións, en moitos casos de carácter esencialista. En terceiro lugar compárase a dimensión cultural na representación social hexemónica da identidade galega con outras, en particular a política e as relacionadas co patrimonio natural que, segundo argumenta- mos, son máis febles nesta representación, e en cuarto abórdase a forma en que a repre- sentación social de Galicia asigna un lugar preeminente ás paisaxes e aos espazos rurais idealizados e intemporais, ignorando en grande medida as paisaxes e os espazos urbanos nos que viven a meirande parte dos galegos e galegas. Para finalizar sublíñanse propostas de representacións positivas, proxectadas cara ao futuro PB University of California Santa Barbara YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/17042 UL http://hdl.handle.net/10347/17042 LA glg NO Jiménez-Aleixandre, M.P. & López-Facal, M. (2018). A construción da identidade galega e das súas representacións sociais: o cultural e o natural. eHumanista IVITRA, v. 13, p. 128-139 NO Agradecementos: M.P. Jiménez-Aleixandre ao proxecto “Ecoficcións”, código FEM2015-66937-P e R. López-Facal ao proxecto COMDEMO código EDU2015-65621-C3-1-R, ambos proxectos financiados no Plan Nacional de I+D do Ministerio de Economía y Competitividad de España (MINECO) e con fondos FEDER da Unión Europea DS Minerva RD 28 abr 2026