RT Generic T1 Modelado do ciclo do xofre en post-tratamentos de efluentes de reactores anaerobios A1 Liñares Lamas, Alberto K1 Biorreactor de Membranas K1 MBR K1 Tratamento de augas residuais K1 Eliminación de metano K1 Eliminación de nitróxeno K1 Eliminación de materia orgánica K1 Tratamento anaerobio de augas residuais K1 Reactor anaerobio AB Neste Traballo Fin de Máster realízase unha modificación dun modelo matemático que simula o funcionamento dun sistema MBR (Biorreactor de membranas) para o post-tratamento dos efluentes dun reactor anaerobio UASB que trata augas residuais urbanas en Cartagena (Murcia). O modelo cuantifica os principais procesos físicos e biolóxicos que teñen lugar en augas con estas características. Descríbese a eliminación biolóxica de materia orgánica, nitróxeno e metano (importante Gas de Efecto Invernadoiro (GEI)), así como o importante papel desempeñado polo sulfuro de hidróxeno presente no proceso. Para realizar a calibración do modelo tomáronse os datos experimentais de amonio, nitrato, metano disolto, sulfuro de hidróxeno e sulfato en cámaras tanto aerobia como anóxica do MBR medidos entre xullo do ano 2016 e xuño de 2017. A continuación o modelo validouse comparándoo cos datos experimentais obtidos entre xuño e setembro de 2017. Os resultados do calibrado e da validación demostran que o modelo matemático desenvolvido reproduce axeitadamente os datos experimentais. Isto confírelle unha capacidade de predición suficiente para poder ser aplicado no deseño e dimensionamento de novas plantas. Co modelo calibrado realizouse unha análise das variables de operación que garantiran unha boa eliminación de metano e nitróxeno, ademais de indicar cales deberían ser os valores de cada unha delas que permitisen o bo funcionamento da operación. Dado que pode haber variacións na concentración de contaminantes que entren ao post-tratamento estudado, será aconsellable implementar lazos de control que garantan a robusteza do sistema, sendo capaz de amortiguar estes cambios sen alterar o proceso. YR 2018 FD 2018-07 LK http://hdl.handle.net/10347/26572 UL http://hdl.handle.net/10347/26572 LA glg NO Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Curso 2017-2018 DS Minerva RD 29 abr 2026