RT Book,_Whole T1 Firmes e conservación de vías A1 Castro Ponte, Alberte K1 Firme K1 Cimento do firme K1 Cimiento del firme K1 Explanada K1 Subbase K1 Pavimento K1 Balastro K1 Balasto K1 Macádam K1 Macadam K1 Rego de adherencia K1 Riego de adherencia K1 Mestura bituminosa K1 Mezcla bituminosa K1 Deseño e Construción de Obras Lineais K1 Grao en Enxeñaría Civil AB Esta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas.No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, coordinación entre planta e alzado, e sección transversal.Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse as obras de explanacións (UD3). Neste tema trabállanse, entre outros, os conceptos fundamentais relativos a formación e estabilización de explanadas, que terán unha gran importancia na presente unidade didáctica. En segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4).O módulo péchase con esta unidade didáctica, na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados cos firmes, que constitúen a superestrutura dunha estrada, e a conservación de vías. Na primeira parte, faise unha descrición dos firmes coas súas principais funcións e características, estúdanse as tipoloxías existentes, e móstranse os factores a considerar no seu deseño. A continuación, para rematar, realízase unha breve introdución á conservación de estradas, facendo fincapé na súa importancia.No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia.O alumnado ten a posibilidade de ampliar os coñecementos de firmes e conservación de vías adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Firmes e Conservación de Vías” que se imparte no 4º curso da titulación.Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados nesta unidade didáctica poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación de estradas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-558-4 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/11399 UL http://hdl.handle.net/10347/11399 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 25 abr 2026