RT Generic T1 Posturas fronte á doutrina cristiá na obra de Páladas de Alexandría A1 Morón Bandín, Alejandro K1 Páladas de Alexandría K1 Epigrama satírico grego K1 Cristianismo na literatura K1 Antoloxía Palatina K1 Alexandría K1 Antigüedade tardía K1 Cristianismo primitivo AB O traballo pretende un estudo da obra poética de Páladas de Alexendría co obxectivo de coñecer, por medio dos seus escritos, as actitudes que amosaba perante ao cristianismo e a súa presenza no ámbito alexandrino do Imperio Tardío. El, o epigramista máis produtivo da Antoloxía Palatina, foi testemuña e partícipe das tensións sociais, relixiosas e políticas da Alexandría do século IV e así o reficten bastantes dos seus versos. Mediante a lectura crítica do conxunto dos epigramas, contidos na súa maioría nos libros IX e XI da AP, con maior detención naqueles que recollen mencións máis ou menos directas á realidade cristiá e a través da revisión da literatura producida en torno a este tema, intentarase ofrecer unha visión xeral sobre as principais propostas feitas ao respecto. A natureza sincrética da súa contorna histórica e xeográfica convirte a atestación de Páladas nunha interesante achega á hora de debuxar a paisaxe da confluencia entre cristiáns e xentís, sempre desde certa ambigüidade pasada por un xirgo de sátira, pesimismo e resignación. Sexa como for, tentaráse que fique o maís clara posible a postura do autor neste contexto. Tendo en conta a falta de datos biográficos alleos a súa propia produción e a ausencia duna edición crítica do conxunto do corpus, o repaso da bibliografía atenderá á súa dispoñibilidade antes que á súa novidade. YR 2021 FD 2021-03-06 LK http://hdl.handle.net/10347/27439 UL http://hdl.handle.net/10347/27439 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 23 abr 2026