RT Dissertation/Thesis T1 Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowski A1 Prado Orbán, Xabier K1 Relatividad K1 Minkowski AB O informe PISA (OCDE, 2006) pon de manifesto o fracaso escolar na ESO en tres competenciasbásicas: comunicación lingüística, matemática e científica. Dito informe revela que na comunidadeautónoma galega, entre outras, o alumnado, cando remata ditos estudos, ten serias dificultades pararepresentar, interpretar e comprender a realidade, construír e comunicar o coñecemento; utilizar ossímbolos e as formas de expresión e razoamento en ciencias e matemáticas, resolver problemasrelacionados coa vida cotiá, integrar o coñecemento matemático con outros tipos de coñecementomediante a conexión e integración de modelos matemáticos explícitos; elaborar e comunicarxustificacións e argumentos baseados nas súas interpretacións e accións; utilizar probas científicas eextraer conclusións baseadas en probas, amosar curiosidade pola ciencia e pola matemática, erecoñecer a importancia da investigación científica.Coa presente investigación de tese de doutoramento preténdese contribuír á solución daproblemática formulada no parágrafo anterior. Baseándose nunha perspectiva socioconstrutivista,dende a cala ensinanza-aprendizaxe da ciencia e da matemática, descríbese como un proceso deenculturalización, no que os estudantes participan (en colaboración co profesor e cos seus propioscompañeiros) na elaboración do razoamento científico e matemático situándoos no contexto da vidareal, dentro dunha estrutura baseada nas teorías e métodos da ciencia e da matemática (Brown et al.,1989, Vergnaud, 1997; Ogborn et al., 1996). A este respecto diferentes autores (Lemke, 1990;Jiménez, 1998; Godino et al., 2006) pensan que dominar o campo das ciencias e da matemáticarequire dominar a súa forma especializada de utilizar a linguaxe, os símbolos, a simulación, amodelización e a comunicación, para que o alumnado sexa capaz de reconstruír, comprender eaplicar conceptos, procesos e técnicas. Somos conscientes de que os modelos matemáticos querepresentan feitos e fenómenos do mundo físico, obxecto de estudo na ESO, orixinan conflitossemiótico-cognitivos nos estudantes no seu tratamento matemático (Godino et al., 2006), maistamén ofrecen oportunidades para contribuír a superalos. SN 978-84-9887-823-3 YR 2012 FD 2012-02-02 LK http://hdl.handle.net/10347/3640 UL http://hdl.handle.net/10347/3640 LA glg DS Minerva RD 4 may 2026