RT Dissertation/Thesis T1 Príncipes e pastores. Os arcebispos de Santiago de Compostela na época moderna A1 Suárez Golán, Fernando K1 Xerarquía eclesiástica K1 Ideal episcopal K1 Realidade material K1 Familia K1 Cerimonias K1 Poder K1 Eclesioloxía K1 Época moderna K1 Galicia AB Esta tese sitúase nun espazo historiográfico múltiple, que parte da historia social, a través da recomposición dun sector social relevante, para acceder á historia da cultura na súa vertente de estudo da imaxe e do imaxinario social. En esencia búscase articular a realidade social e a súa percepción polos suxeitos e axentes sociais que participaron dela. Para isto seleccionouse un grupo social determinado, os arcebispos de Santiago durante a época moderna, porque neles se concita a dobre serie de fontes documentais que permiten facer o contraste entre a realidade e a súa percepción.En tanto que os arcebispos de Santiago eran verdadeiros príncipes da Igrexa, proponse tamén un intento de recuperación biográfica, en liña coas tendencias recentes da historiografía, pero entendendo que esa recomposición non é un obxectivo en si mesma, senón un medio. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27261 UL http://hdl.handle.net/10347/27261 LA glg DS Minerva RD 30 abr 2026