RT Dissertation/Thesis T1 A climatology of western Mediterranean precipitation extremes focusing on the study of moisture origin A1 Insua Costa, Damián K1 Mediterranean K1 precipitation K1 extremes K1 Weather Research and Forecasting model K1 catastrophic impacts AB A presente tese enmárcase no estudo da orixe da precipitación extrema e ten como principal obxectivo aclarar definitivamente cales son as principais fontes de humidade que alimentan as chuvias torrenciais do Mediterráneo Occidental. A principal ferramenta empregada para tal fin é unha técnica de rastrexo de humidade coñecida como trazadores de vapor de auga. Esta técnica acóplase a un modelo meteorolóxico, no noso caso o WRF (Weather Research and Forecasting model). O modelo executouse para máis dun cento de casos ocorridos en diferentes países do Mediterráneo entre 1980 e 2015. Isto fixo posible extraer conclusións xerais e robustas, mellorando así o coñecemento previo sobre este asunto, que se baseaba xeralmente no estudo de casos concretos en zonas concretas. A principal conclusión que se extrae da tese é que a aportación do Mar Mediterráneo como fonte de humidade é, en termo medio, menor do que moitas veces se presume, arredor dun 35%. Encontramos que as fontes remotas, nalgúns casos tan remotas coma o Pacífico tropical ou o hemisferio sur, xogan un papel determinante nestes eventos. De feito, a contribución de fontes remotas é en termo medio superior á contribución de fontes locais nun 10%. Polo tanto, se queremos comprender plenamente este tipo de eventos catastróficos, temos que estudalos dende un enfoque máis global e menos local ou rexional, especialmente cando intentan atribuírse ao cambio climático. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/28204 UL http://hdl.handle.net/10347/28204 LA eng DS Minerva RD 24 abr 2026